En marzo 2016: afronta o teu futuro laboral
Taller de Comunicación
DESCRICIÓN: Unha das virtudes asociadas ao carisma de calqueira profesional é a capacidade de comunicar. Calqueira profesional que saiba comunicar de modo eficaz proxecta unha maior e mellor imaxe de seguridade, dominio da situación e confianza. Comprender as técnicas adecuadas de comunicación, practicar os “trucos” que utilizan políticos, grandes gurús e profesionais dos medios de comunicación, é de gran axuda para defender e presentar proxectos importantes en calqueira ámbito académico e profesional.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer ás persoas participantes as diferentes técnicas empregadas para a adquisición de habilidades asociadas á comunicación e á oratoria moderna. A mellora das habilidades de comunicación será de gran utilidade para:
- Comunicar o teu valor ou “marca persoal” no currículum e nunha entrevista de traballo
- Vender o teu proxecto empresarial, por exemplo, ante un foro de potenciais inversores
- Mellorar, en xeral, a capacidade de falar en público, de cara ás necesidades máis inmediatas dos estudantes, como é a presentación do TFG ou do TFM
FORMULARIO DE INSCRICIÓN Á CONFERENCIA
Xoves 17 de marzo
FORMULARIO DE INSCRICIÓN AOS TALLERES
Venres 18 de marzo
(Só hai 10 prazas por grupo, e para participar primeiro hai que asistir á conferencia do xoves)
Organiza: Cátedra Jóvenes Emprendedores.